Mala sorte para Marc Márquez na súa primeira carreira - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Mala sorte para Marc Márquez na súa primeira carreira

Copy Repsol

O xoven piloto de Repsol, que estreaba a súa primeira tempada en moto2, caeu ao chan cando trataba de remontar posicións. A vitoria foi para o alemán Stefan Bradl, seguido de Andrea Iannone e Thomas Luthi.

Todo pintaba ben para o equipo dirixido por Emilio Alzamora: unha brillante pretempada, asi como uns bos adestramentos no trazado Catarí, pero non houbo sorte en Losail. Marc Márquez saíu mal tralo semáforo verde e foi perdendo posicións ao longo das dúas primeiras voltas. Unha vez que as gomas tomaron temperatura e o peso do combustible baixou, o piloto de Cervera comezou unha espectacular remontada. Pero as ganas e a falta de experiencia na categoría puidéronlle e foi ao chan nunha espectacular caída. Por sorte levantouse sen lesións aparentes e xa está a pensar na próxima proba.

A outra cara da moeda foi para con Stefan Bradl, que logrou vitoria e pole position. O novo piloto, vindo do CEV, mantivo unha liña impecable durante toda a fin de semana e recolleu os seus froitos no alto do caixón. Seguíronlle Iannone, Luthi, de Angelis, Takahashi e Corsi. O primeiro español foi Julián Simón, que finalizou décimo. Agora as miras están postas en Xerez, próxima parada do Mundial de Motociclismo. Sen dúbida, o apoio da afección levantará aos pilotos españois todo o máis alto e Marc Márquez competirá cunha motivación redrobada.

Últimas noticias

> Primeira liña para os intratables Stoner e Pedrosa
> Márquez debutará desde primeira liña en moto2

20/03/2011


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.